|
Cervexería NewYork |
| Principal | Galería de imaxes | Localizanos no mapa | Carta New York |
Cervexería New York, un local diferente en Bertamiráns. De luns a venres ofrecemos un menú do día variado e a nosa carta inclúe unha gran oferta de racións, crepes, bocadillos, hamburguesas, pratos combinados e deliciosas sobremesas. A nosa cervexa é de bodega e contamos tamén cunha completa carta de viños. O local divídese nunha zona habilitada para fumadores con extracción e nun amplo espazo libre de fume. Ademais, está climatizado, polo que o atopará fresco no verán e acolledor no inverno e poderá gozar tamén dunha ampla terraza na parte posterior do local e de mesas que dan á praza. Para que poida navegar por Internet ou consultar o seu correo, temos unha rede Wifi á que poderá conectarse e para que non perda ningún evento deportivo, retransmitimos toda clase de deportes en grandes pantallas. |
© 2008 Cervexería NewYork |